viernes, 27 de abril de 2018

¡MENUDO PESADELO! por Tania Porteiro

Ricardo dirixiuse de madrugada á casa do seu veciño e inimigo Xoán. Rompeu a fechadura e subiu moi amodo as escaleiras. Abriu sixilosamente a porta da habitación de Xoán e, sen facer ningún ruído, achegouse a el. Mirouno por un largo tempo recordando os seus moitos anos de amizade. Xogaban xuntos ao fútbol de pequenos no patio do colexio. Facían xuntos o camiño de volta a casa. Merendaban xuntos o seu bocadillo favorito de pan con chocolate que lles poñía a nai de Xoán. Deixouse de sentimentalismos e pegoulle dous tiros. De súpeto espertou.

No hay comentarios:

Publicar un comentario